Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Detido un veciño de Fisterra por un suposto delito de tráfico de drogas

Detido un veciño de Fisterra por un suposto delito de tráfico de drogas
detido-drogas-fisterra A Garda Civil atopou no domicilio do detido 114,8 gramos de cocaína e 32.600€ en efectivo, entre outras cousas A Garda Civil de Corcubión detivo esta mañá a J.T.T. - de 50 anos de idade e veciño de Fisterra - por un suposto delito de tráfico de drogas. Segundo indican as forzas de seguridade, os feitos iniciaronse a mediados do mes de abril cando os axentes comezaron unha investigación que dou lugar ao rexistro do domicilio do agora detido, como punto de venda de menudeo e onde atoparon 114,8 gramos de cocaína en roca, 32.600€ en efectivo, catro básculas de precisión, seis teléfonos móbiles e diversos recortes de plástica para a suposta venda das doses da droga. A cocaína aprenhendida pode acadar un valor de 6.800€. Na operación tamén se investigou a outra persoa que, ao parecer, residía no mesmo domicilio. O xulgado de instrucción número de 2 de Corcubión, xa decretou prisión provisional para o detido.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios