Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Evento

20 anos de Mareas Vivas en Laxe

01/dec./2018 a 01/dec./2018
10:30 h a 6:00 h
Lonxa
20 anos de Mareas Vivas en Laxe
20 anos de Mareas Vivas en Laxe coa TVG

Este sábado 1 de decembro, a partir das 10.30 horas, na Lonxa de Laxe, terá lugar a gravación do programa “Inimitables “ da TVG. Unha cita que serve para celebrar do 20º aniversario da rodaxe da serie Mareas Vivas, que convertiu a vila laxeira en Portozás.

Está confirmada a asistencia de varios actores e actrices protagonistas da lendaria serie, como a xalleira Isabel Blanco, o malpicán Santi Romay, ou Carlos Blanco, Ana Santos, Patri (personaxe de Iria) e Mangüi.

Así mesmo, está prevista a amenización musical con Mercedes Peón, o grupo de gaitas Maruxía, as pandereteiras Andora, O Tren da Unha e o regueifeiro Suso de Xornes.

A entrada a velo é de balde.

Taller de cociña ecolóxica

Ademais, este venres 30 de novembro, ás 20.00 horas, no Museo do Mar, taller de cociña ecolóxica con Noa Vázquez Rendal, Asesora Nutricional, Licenciada en Bioloxía Ambiental, Licenciada en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e Mestrada en Medicina Natural. Axudará a coñecer a potencialidade que ofrecen os produtos das nosas hortas á hora de manter unha dieta saudable e equilibrada.

Comentarios