venres. 23.05.2025
El tiempo

Evento

Á EsCeena

19/ago./2018 a 19/ago./2018
9:30 h a 6:00 h
Casa da Cultura
A EsCeena-Semaan de Teatro de Cee 2018 O punto forte deste mes de agosto de Cee será a IV Semana de Teatro e das Artes Escénicas do Concello de Cee ”Á EsCEEna!”, que encherá cada día, entre o sábado 18 e o venres 24, o Auditorio Baldomero Cores, coas mellores obras galegas do momento representadas ás 21.30 horas. A taquilla estará aberta 45 minutos antes de cada función e hai prezos variados de entre 3 e 7 €. - Venres 18. SENIOR de Culturactiva. Versión e dirección: Avelino González. Con: Marcos Orsi e Luis Iglesia. - Sábado 19. A CABEZA DO DRAGÓN de Producións Teatrais Excéntricas. Versión e dirección: Quico Cadaval. Con: María Costas, Iván Marcos, Yelena Molina, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, Josito Porto, Patricia Vázquez e Quico Cadaval. - Luns 20.CRANIOS PRIVILEXIADOS OU CRÍTICA DA RAZÓN PERRALLEIRA, de Mofa&Befa. Textos: Carlos Santiago e Pepe Sendón. Dirección: Carlos Santiago. Con: Víctor Mosqueira e Josito Porto. - Martes 21. A CANCIÓN DO ELEFANTE, de Redrum Teatro. Dirección: Alex Sampayo. Con: Machi Salgado, Guillermo Carbajo e Patricia Vázquez. - Mércores 22. FILLOS DO SOL, de Contraproducións. Texto e dirección: Cándido Pazó. Con César Cambeiro, Adrián Rios e Alba Bermúdez. - Xoves 23. UBU REI, de Talía Teatro. Texto: Alfred Jarry. Dirección: Roberto Salgueiro. Con oito actores en escena: Toño Casais, David Creus, María Ordóñez, Rubén Prieto, Diego Rey, Marta Ríos, Artur Trillo e Dani Trillo. Obra para maiores de 14 anos. - Venres 24. LOS DOS GEMELOS VENECIANOS, de MDM Producciones (Madrid). Texto. Carlo Goldoni. Adaptación e dirección: MDM. Con: Daniel Vignolo, Mauricio Albera e Javier García.

Cultura no Camiño

Para rematar o mes de agosto, do 26 ó 29 de agosto, citas de Animación de rúa na Praza da Constitución.
Comentarios