sábado. 24.05.2025
El tiempo

Evento

Andaina polo Camiño dos Faros

12/ago./2018 a 12/ago./2018
9:00 h a 6:00 h
Andaina polo Camiño dos Faros
O próximo 12 de agosto, o concello de Malpica promocionará unha parte do Camiño dos Faros organizando unha andaina polo tramo que discorre entre o porto de Malpica e a praia de Barizo, que se correponde co 1º tramo desta afamada ruta. No percorrido rodearase a península do santo Hadrián dominada pola presenza das illas Sisargas. Dende alí os camiñantes chegarán ata a área de recreativa de Beo na que poderán facer un descanso e o debido avituallamento. Continuarán pola costa ata Seiruga onde haberá que descalzarse para cruzar o río Va e continuar outra vez cara a costa. Bordearase o monte da Ínsua por pequeno sendeiro pegado ao mar para chegar ata a praia de Barizo onde agardarán os autubuses que levarán os camiñantes novamente ata Malpica. Inscricións A saída será ás 09:00 horas do porto de Malpica e a duración aproximada do percorrido é de 3:30 horas. Para participar é necesario anotarse no departamento de Educación e Cultura do concello de Malpica (1º andar do Centro Cívico), na oficina de Turismo ou nos números de teléfono 981 707 104 ou 981 720 001. O custe é de 2 euros, excepto os menores de idade que poderán asistir de balde. As prazas están limitadas a un máximo de 150 participantes.

Novas relacionadas

O primeiro Camiño dos Faros por etapas (2013)

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
Comentarios