Evento
Andainas Costa da Morte por Vimianzo
03/xuño/2017 a 03/xuño/2017
10:00 h a 2:00 h
Muíños de Cambeda
11:01 10/03/17
Un ano máis, os departamentos de deportes dos concellos de Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Ponteceso e Vimianzo volven a unirse para poñer en marcha a 5ª edición do programa de Andainas Coñece a Costa da Morte.
Nesta ocasión o programa componse de oito roteiros que terán en común a súa distantacia, ainda que as rutas poden variar entre os 10 e 15 quilómetros, e a organización poderá modificar o percorrido previsto se así o estima por razóns de seguridade. Todas as andainas comezan ás 10 horas e rematan entre as 13 e as 14 horas.
Oito roteiros
Os roteiros arrancan o 1 de abril para coñecer “Olveiroa, río e pedra”; unha ruta lineal por terras de Dumbría. Continúan o día 8 en Cee; “De Xunqueira a San Estevo: tralas pegadas dos nosos ancestros”. E xa o día 22, será o turno de Pontecso para descubrir Pazos e o río Anllóns. Volven as citas o 6 de maio cunha ruta circular por Camariñas, “De costa a costa”. Muxía é a seguinte parada para descubrir a Ponte Constante e as Caldeiras do Castro. Corcubión e Fisterra úniranse o 20 de maio cun percorrido que vai “De faro a faro polo Camiño de Santiago”. Xuño será o turno de Vimianzo, cunha ruta circular polos muíños de Cambeda (que será o día 3) e rematan o día 10 co roteiro da Pontenoca, en Mazaricos.
Para participar en calquera das rutas é preciso formalizar a inscrición de forma gratuita en calquera dos concellos participantes. Poden participar nenos e nenas a partir de 7 anos, sempre que vaian acompañados dun adulto.
Cada concello fretará un autobús para o desprazamento dos participantes, sempre que haxa un mínimo de 15 inscritos. En caso contrario, os participantes deberán desprazarse pola súa conta ao punto de partida da ruta.
Novas relacionadas
- 2016: En marcha a 4ª Edición do programa de Andainas Coñece a Costa da Morte
- 2015: Máis de 250 persoas estrean as Andainas Coñece a Costa da Morte por Cee.
- 2014: Corcubión mantén o ritmo de interese con 200 camiñantes nas Andainas Costa da Morte.