sábado. 05.07.2025
El tiempo

O Faro Vilán, máis preparado que nunca a pesar das adversidades

IMG-20250704-WA0015
Lucía, Juan Andrés e Virxinia abren as portas do Faro
O Faro Vilán, máis preparado que nunca a pesar das adversidades
Xa está o Faro Vilán, o único faro coas portas abertas da Costa da Morte, máis que preparado para recibir milleiros de visitantes. E iso que o turismo masivo non deu arrincado aínda, se ben xa se reciben, unha vez que rematou o curso escolar, o turismo familiar que tanto representa este un dos grandes emblemas do noso sector.
 
Pero a Lucía Cambeiro e a Virginia Barros, as técnicas habituais. Que contrata as comprometida Asociación de Empresarios do sector turístico de Camariñas, únese Juan Andrés Sieira que está facendo as prácticas do certificado de Promoción turística local e información ao visitante, e que axudará a atender da mellor maneira e repartir os turistas polos tesouros da nosa comarca.
O Horario segue a ser os luns, e de mércores a venres de 10-14 e de 15-19.
 
Como sempre segue gañando por goleada o turista madrileño, sempre acompañado do da propia provincia coruñesa.
E internacionalmente moito turista italiano e alemán, algúns facendo o camiño de Santiago que queren coñecer, algúns da Costa da Morte e o resto facendo Camiño dos Faro.
 
O que non cambia é a petición principal: o que máis seguen solicitando é a subida ao faro. É unha pena que non se visite pero a Autoridade Portuaria non parece oír.
Os visitantes tamén preguntan polas catas do teito que estiveron facendo para ver a estrutura e quedou todo aberto e por agora sin proxecto de reparación, outra verdadeira mágoa, en plena temporada.

Comentarios