Evento
As Avoas de Laxe fan Teatro en Ponteceso
O Edificio das Escolas Municipais de Ponteceso acollerá o próximo venres 12, un novo espectáculo teatral, organizado pola Concellaría de Servizos Sociais, dentro do programa de actividades de ocio e tempo libre dirixido á veciñanza do noso municipio. A partir das 21:00 horas, As avoas de Laxe Teatro subirán ao escenario dispostas a arrincar unha vez máis as risas do público cun divertidísimo espectáculo interxeracional e moi familiar titulado “Facede o favor....pensade”, no que o humor compartirá protagonismo coa reflexión e a aprendizaxe.
Esta non será a primeira vez que a compañía, integrada por actrices afeccionadas, actúe no noso concello. A última vez que o fixeron foi para representar un dos seus grandes éxitos sobre a escena “Inseguridades”, co que lograron un cheo absoluto nas Escolas Municipais e o aplauso e recoñecemento de todos os/as asistentes.