Luns. 17.06.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Cata de viños espumosos en laxe

22/mar./2019
19:00 h
Museo do Mar
cata de vinos espumosos en Laxe
Cata de viños espumosos en laxe

Luis Paadín estará o venres 22 de marzo no Museo do Mar de Laxe ó frente da penúltima sesión de catas do programa de actividades reLAXEse 2019. A sesión comezará ás 7 da tarde.

O experto en viticultura e enoloxía, fará un percorrido pola historia dos viños espumosos, dende aqueles que elaboraban os romanos ata os actuais espumosos de Galicia.

Durante a presentación expoñerá os distintos métodos de elaboración, conservación e axeitado servizo. A continuación cataranse tres variedades de Espumosos de Calidade Producidos en Rexión Determinada (VCPRD):

  • Rexión D.O. CAVA: Vilarnau Brut Reserva50% Macabeo, 35% Parellada, 15% Xarel·o de Bodegas Vilarnau (Sant Sadurní d'Anoia - Barcelona)
  • Rexión Galicia D.O. Rías Baixas: Feitizo Brut100% Albariño de Bodegas Pablo Padín (Meñao – Pontevedra)
  • Rexión A.O.C. Champagne: Remi Henry Traditión Brut Gran Cru70% Pinot Noir e 30% Chardonnay do Vigneron Remi Henry (Bouzy – Épernay)

Esta actividade está aberta a calquera persoa maior de idade que queira aprender sobre viños. Non se require inscrición previa. As prazas son limitadas, ata completar aforo.

Comentarios