Evento
Cea das Letras de Malpica
03/nov./2018 a 03/nov./2018
9:00 h a 6:00 h
11:46 02/11/18
A Cea acollerá ademais a presentación deste libro
Chega novembro e é data de poesía erótica en Malpica. O vindeiro 3 de novembro farase público o fallo do xurado do XIII Certame de Poesía Erótica Illas Sisarga. Farase coma sempre, no marco da Cea das Letras, que se celebrará na Casa da Cultura de Seaia, e que servirá de punto de unión poético da comarca de Bergantiños.
Este ano, o certame está de celebración porque mantén, como o ano pasado, a cifra máis alta de participación dos seus 13 anos de historia, xa que nesta edición volveron recibir un total de 20 obras.
A Cea das Letras comezará ás 22.00 horas coa presentación da obra “Diáspora de amor balea” de Andrea Nunes Brións e María Rosendo Priego, gañadora o ano pasado, e darase a coñecer o fallo desta 13ª edición.
As persoas que queiran asistir á cea, que está aberta a todo o mundo e ten un prezo de 15 euros, poden reservar praza poñéndose en contacto coa Asociación Cultural Caldeirón no 649 507 285 ou co Departamento de Educación e Cultura do Concello de Malpica no 981 707 104.