Luns. 09.09.2024
El tiempo

Evento

Charla sobre consumo en Fisterra

06/mar./2017 a 06/mar./2017
11:00 h a 12:00 h
Aula CeMIT
Charla sobre consumo en Fisterra
consumo e xénero O vindeiro luns 6 de marzo terá lugar na aula CeMIT de Fisterra a charla "Consumo e xénero". Nesta charla analizarase o papel da muller no eido do consumo, no que frecuentemente as relacións entre consumidores e provedores é de desigualdade en prexuízo dos primeiros, pódese agravar esta situación cando as persoas consumidoras son mulleres podéndose dar, en consecuencia, un dobre menoscabo. Buscarase a mellora das actitudes de respecto aos dereitos das persoas; a reflexión e a análise dos procesos que sustentan a actividade de consumo e como inflúen nas relacións de xénero; a análise do papel da publicidade na perpetuación dos estereotipos sociais e mesmo na incitación á violencia de xénero; ou na educación nos valores do consumo responsable. Máis información e inscricións: Aula CeMIT Fisterra / teléfono 673 081 740
Comentarios