Venres. 19.04.2024
El tiempo

Evento

Concerto de MJ Pérez no Casino de Carballo

23/nov./2018 a 23/nov./2018
9:30 h a 11:00 h
Casino
Concerto de MJ Pérez no Casino de Carballo
A cantante MJ Pérez volve á capital de Bergantiños, neste caso ao Casino 1889, para presentar dúas pezas audiovisuais moi especiais: a primeira é o seu novo videoclip "Cando te Canses", gravado na cidade do Porto. A segunda é "O número 100. MJ Pérez no Perosinho Cultural", unha pequena curta-documental que xira arredor do que foi o concerto número 100 da cantautora, que tivo lugar tamén en Portugal, na vila de Perosinho, dentro da festa da Semana Cultural da vila. Co concerto como pretexto principal, MJ amosa como son as festas alá na súa "outra" terra, os costumes, a tradición, gastronomía e algunha que outra sorpresa máis. Un tardiña de proxeccións que culminará cun pequeno concerto acústico da artista arzuá. A partir das 21.30 horas. con entrada de balde!
Comentarios