![Concerto de Vavar en Fisterra 2017]()
Xa están aquí. O grupo Vavar chega á Costa da Morte. Así nolo conta o propio Carlos, un dos membros da banda herculina, que aínda que nacido na Coruña sempre que preguntan de onde é responde cun “de Corcubión por parte de pai e de nai”.
Veñen presentar o novo disco "El Viaje de Alexei e Danilovich”, no Boulevard de Fisterra o venres dia 10 de Febreiro as 23:59.
Vavar colle o relevo da mítica banda coruñesa chamada O Rei Babar, que durante os anos 90 encheu de rock contundente e divertido as tabernas da cidade herculina. Agora volven, con V, cun novo disco gravado en Paz Records.
Influencias claras de bandas como Los Enemigos, Rosendo, Extremoduro… nótanse nos temas cañeros que viviremos en Fisterra.