Luns. 09.09.2024
El tiempo

Evento

Concerto en Mazaricos

22/xan./2017 a 22/xan./2017
5:00 h a 6:00 h
Casa da Cultura da Picota
Concerto en Mazaricos
Concerto en Mazaricos de Xoan Curiel Este domingo ás 5 da tarde no Auditorio da Casa de Cultura poderase asistir a un CONCERTO, para todos os públicos, de XOÁN CURIEL e IRIS GEY. Interpretarán cancións de autor, cantigas medievais, cancións galegas e temas do repertorio latinoamericano. Esta é a información que de Xoán Curiel ofrece ESPAZOS SONOROS: “Xoán Curiel é un dos máis firmes valores da música galega. Cantautor de fonda traxectoria, representa o que se podería denominar “pop-étnico” galego, que se embebe dun universo de sonoridades que abranguen desde a música de raíz ata o jazz, o pop, o reggae e a música de autor. Artista versátil, participou como actor, músico, director, cantante ou bailarín nos proxectos máis diversos, entre os que destacan Estamos no verán!!!, da Editorial Galaxia, ou o proxecto CoraSons” E estes son os datos que sobre Iris Gey aparecen na Galipedia: “Iris Gey López é licenciada en Filoloxía Hispánica e Filoloxía Galega pola Universidade da Coruña, profesora de lingua galega e lingua española. Colaborou no Anuario Brigantino. Gañou o primeiro premio de narrativa no certame literario organizado pola UDC no ano 2012 co relato "Nós, os degradados" e o primeiro premio no certame literario na modalidade de narrativa organizado polo concello de Mugardos no 2013 co texto "Cesárea de berro". Foi accésit do Premio Modesto R. Figueiredo en 2016 co relato "Cranios privilexiados". Tamén colabora co músico Xoán Curiel como cantante.
Comentarios