![Rondalla de Aguiño en Muros]()
A RONDALLA DE AGUIÑO DARÁ UN CONCERTO EN MUROS O SÁBADO, 18, ÁS 18:30 H. NO CENTRO CULTURAL
A Rondalla de Aguiño foi fundada no ano 1983 por D. Camilo Rumabao. Él foi quen puxo o ton musical na parroquia de Aguiño, con cinco tipos de instrumentos: Bandurrias, Mandolinas, Laúdes e Guitarras, tocando música clásica e tradicional, desde Mozart, Bach, Vivaldi, Schubert ata Albéniz ou Bizet.
A Rondalla chegou a ter 120 membros, todos eles rapaces.
Hoxe en día, quen leva a batuta é Alex Millet, que a pesar de comezar a dirixir con 16 anos, as súas ganas e a súa axilidade musical, levárono a facer todo o tipo de aranxos de pezas actuais.
Levan unha tempada tocando bandas sonoras de películas moi coñecidas: Ghost, Pretty Woman, Mamma Mía,El Padrino ou La vida es bella, que formarán parte do disco que grabarán este ano.
Ademáis xa están preparando novas bandas sonoras como Piratas del Caribe ou Forrest Gump, que non deixaran indiferente.
Este sábado, en colaboración coa Escola de Música de Muros, amosarannos todo este bo facer no centro cultural de Muros, ás 18:30 horas.
A entrada é de balde, para favorecer que tódolos alumnos/as desta escola, así como os demais afeccionados á música do municipio, poidan achegarse a gozar deste espectáculo. Unha oportunidade que, segundo a alcaldesa María-Xosé Alfonso, non se debe de deixar pasar.