venres. 23.05.2025
El tiempo

Evento

Concerto en Muxía

14/ago./2017 a 14/ago./2017
7:30 h a 6:00 h
Bela Muxía
Concerto en Muxía
O Luns 14 de agosto ás 19.30 h. José Ignacio H. Toquero e o seu fillo Gabriel C. Hernández ofrecerán no albergue Bela Muxía o seu primeiro concerto en Galicia. O guitarrista José Ignacio H. Toquero ten unha longa traxectoria musical vinculada ao Camiño de Santiago, actuou en lugares tan especiais como as abadías de Murbach (Alsacia-Francia) e Clarholz (Alemania), a catedral románico-gótica de Breisach xunto ao Rin, ou as igrexas románicas de San Martín (Frómista) e Santa Eufemia de Cozollos (Palencia).  Baixo o nome José Ignacio H. Toquero & Entre dos Mares gravou o CD/DVD “El Camino es la Meta: música para el Camino de Santiago.” Ten tamén unha canción coa letra do poema “dicen que no hablan las plantas” de Rosalía de Castro. Nos últimos anos acompáñao o seu fillo Gabriel tocando unha guitarra construída por el mesmo baixo a supervisión do prestixioso lutier Kolya Panhuyzen. Logo de rematar cun sobresaínte un Master de guitarra en Hamburgo Gabriel volve para dar xunto ao seu pai algúns concertos en España. O primeiro concerto en Galicia será no Bela Muxía o luns 14 de agosto.
Comentarios