martes. 08.07.2025
El tiempo

Comezan as actuacións de verán nas Torres do Allo co espectáculo dos Monifantes

Comezan as actuacións de verán nas Torres do Allo co espectáculo dos Monifantes

As Torres do Allo están a ser un ano máis un dos puntos de referencia turística da bisbarra. E iso grazas en boa parte a unha completa campaña organizada polo Concello de Zas para ofrecer un horario ampliado de apertura ao público, visitas guiadas todos os días, visitas teatralizadas, xogos como o de pistas ou o pioneiro Scape Room e tamén un completo programa de actuacións que arranca este sábado.

Será ás 20:00 horas coa actuación de Os Monifantes, unha actividade para toda a familia. Alberto Millán Betanzos e Xosé Piñeiro Pérez conforman un dúo cunha ampla experiencia musical e de lutería xuntáronse no ano 2013 para deseñar un proxecto en común, Os Monifates, no que tivesen cabida parte das nosas inquedanzas artísticas e tradicionais, relacionadas coa música, o baile, os monicreques e a cultura galega en xeral.

Estiveron dous anos investigando e recompilando información sobre os chamados monicreques danzantes, e despois de estudar o que se conserva desta arte e de facer múltiples probas, comezaron a construílos, adaptándoos á nosa tradición cultural e incluso creando algúns con mecanismos propios, para así tratar de recuperalos. Foi no ano 2015 cando conseguiron darlle forma e vida a Os Monifates, e dende aquela van repartindo alegría e facendo bailar as súas marionetas ó mesmo tempo que interpretan música en directo.

Máis actividades
Ademáis da actuación, o pazo conta ca nova exposición temporal “Os Riobóo, a saga do Allo” que conta a historia da familia que lle deu forma ao pazo máis antigo de Galicia dende o sécuo XV.

Tamén estarán dispoñibles as visitas guiadas das 13:00h e a das 17:30h, o xogo de pistas “O legado de Francisca” para os máis pequenos e o xogo de escapismo “As Sombras do Tempo” para os máis adultos.

A entrada á actuación e o resto das actividades son de balde.

Comentarios