venres. 23.05.2025
El tiempo

Evento

Conferencia en Muxía

27/xul./2017 a 27/xul./2017
8:30 h a 6:00 h
Conferencia en Muxía
O vindeiro xoves, 27 de xullo, Francisco Singul impartirá unha conferencia no Salón de Actos de Muxía. A conferencia leva por título “ A memoria xacobea na Fin do Mundo. As tradicións e o imaxinario dos peregrinos na Costa da Morte” e vai tratar sobre as tradicións xacobeas e o imaxinario popular que levaron durante séculos aos peregrinos de diversas partes do mundo a peregrinar ata os santuarios da Costa da Morte galega. Unha continuación que se verifica, despois de venerar a tumba do Apostolo Santiago o Maior, e que segue viva na actualidade con notable intensidade. Francisco Singul é Doutor en Historia da Arte e director da área de Cultura Xacobea da SA DE XESTIÓN DO PLAN XACOBEO. Ten escritos varios libros sobre a cidade de Santiago e as peregrinacións xacobeas, publicados en España, Italia, Brasil e Xapón, así como numerosos artigos sobre a historia cultural da peregrinación compostelá aparecidos en revistas especializadas, actas de congresos internacionais e libros colectivos. Entre os seus ensaios podemos citar "Historia Cultural do Camiño de Santiago", publicado por Galaxia en 1999, "La Ciudad de las Luces", un libro sobre a historia da arquitectura e urbanismo da Compostela da Ilustración, publicado polo Consorio de Santiago en 2001, o libro "Cammino di Santiago, cultura e pensiero", publicado en Roma pola prestixiosa Carocci, a monografía sobre o máis sobranceiro arcebispo de Santiago, titulada "Diego Xelmírez, Señor de Torres de Oeste", publicada en Madrid, en 2014 pola editorial Ibersaf, e un máis recente libro sobre as peregrinacións xacobeas chamado "El Camino de Francés en el códice Calixtino", publicado en Santiago en 2015 pola ed. Andalvira A súa incursión na ficción veu da man da obra "La luz dormida en el espejo", unhas memorias de Diego Velázquez noveladas por este autor, que viron a luz en 2011 na compostelá Alvarellos Editora.
Comentarios