Volven as visitas guiadas ao Museo Fernado Blanco

Baixo o título "Fernando Blanco de Lema. O home que foi quen de ollar máis aló", este verán ponse en marcha un novo programa de visitas guiadas ao Museo Fernando Blanco, ó xardín botánico e ás dependencias interiores do IES Fernando Blanco de Cee.
Será os días 18 de xullo, e 1, 8, 22 e 29 de agosto. Sempre á mesma hora, ás 10:30 horas, e cunha duración de 120 minutos. A visita está limitada a 25 persoas polo que é necesario anotarse previamente no 981 747 221 ou na dirección de correo fundacioncee@hotmail.com.
A visita ten como obxectivo facer unha viaxe no tempo que abarca dende o 1796, coincidindo co nacemento de Fernando Blanco de Lema, ata a actualidade, onde ademais de percorrer o Museo, visitarase o xardín botánico do centenario instituto e as súas dependencias interiores (capela, sala de mestres, despachos, laboratorios, biblioteca, torre do reloxo,...).