Evento
Poesía musicada en Corcubión
17/dec./2016 a 17/dec./2016
20:00 h a 20:00 h
12:37 13/12/16
Xa se estrearon, e con gran aceptación en Vigo. Agora fano na casa. Álex López & Un Calquera farán este sábado 17 de decembro no Quenxeiro de Corcubión o seu espectáculo de poesía musicada. Álex recitará o seus poemas co acompañamento da guitarra de Elías Outes, un dos calqueras que vai con Héctor Lera por aí adiante.