Evento
Roteiro "O camiño secreto de Santiago"
23/xul./2016 a 23/xul./2016
11:30 h a 00:00 h
20:13 20/07/16
A igrexa románica de Santiago de Cereixo e a súa singular lenda da Traslatio serán os principais protagonistas deste roteiro en autobús organizado polo concello de Vimianzo no que se descubrirá a historia dunha ruta xacobea esquecida co paso dos anos. A capela da Peregrina da Lagoa, Calo, a ermida de Castrobuxán e Cereixo serán outros dos lugares que se visiten en bus.
O custe é de 3€ para os adultos e gratis para os nenos.
Os interesados deben anotarse en visitavimianzo@gmail.com ou o teléfono 981 716 354.
A saída será ás 11:30 horas do Castelo de Vimianzo.