Evento
Xornadas Micolóxicas Costa da Morte de Cee
05/nov./2016 a 05/nov./2016
10:30 h a 10:30 h
12:50 25/10/16
No caso de Cee, as xornadas micolóxicas – que xa van pola XVI edición – están organizadas pola asociación Pan de Raposo e celebraranse o día 5 e 6 de novembro (sábado e domingo) na casa da Cultura da vila.
Tras a apertura da exposición, que será o sábado día 5 ás 10:30 horas, os asistentes ás XVI xornadas micolóxicas Costa da Morte realizarán unha visita guiada da man de José Manuel Castro Marcote. Xa pola tarde, ás 17:15 horas, José María Costa Lago impartirá unha conferencia baixo o título “Algúns cogomelos bos comestibles”. José María Traba Velay será o encargado da seguinte charla, ás 18:30 horas, que leva por título “Boletales”.
Xa o domingo día 6, haberá unha nova visita guiada con Manuel Pose Carracedo ás 12:30 horas e pola tarde pecharanse as xornadas cunha conferencia a cargo de David Martínez Lago. Durante os dous día haberá unha degustación de pinchos de cogomelos no hotel restaurante Larry de Cee.