venres. 23.05.2025
El tiempo

Evento

Curruncho Pop de Carballo

04/xuño/2016 a 04/xuño/2016
20:30 h a 20:30 h
Curruncho Pop de Carballo
curruncho pop biblioteca rego da balsa carballo Ademais de libros e sala de estudo, a biblioteca Rego da Balsa de Carballo terá a partir de agora a súa propia sala de concertos bautizado como o "Curruncho Pop". Con esta inciativa, o concello de Carballo, a través da concellaría de Cultura que dirixe Marcos Trigo pretende dar saída ao potencial do auditorio da biblioteca Rego da Balsa como sala de concertos. Ao mesmo tempo, o concello implícase na difusión de músicos e bandas emerxentes de dentro e fóra do municipio. A representación local nesta primeira entrega do Curruncho Pop, que xorde coa intención de ter continuidade, correrá a cargo do cantautor Luis Rivera e do grupo Chicharrón (que presentou recentemente o seu segundo disco), que actuarán o 28 de maio xunto ao ourensán Emilio José. Neste primeiro Curruncho Pop soarán en Carballo ilustres da música coma o vasco Rafael Berrio e emerxentes coma Nacho Casado, que poucos días despois de tocar en Carballo presentará o seu último disco na mítica Joy Eslava madrileña. Dadas as características da instalación, todos os concertos serán de pequeno formato, e en boa parte dos casos permitirán ao público gozar de versións máis acústicas e intimistas dos seus grupos e cantantes de referencia. A entrada a todos os concertos será de balde, pero, debido ás limitacións do aforo, será preciso reservar con anterioridade a través de biblioteca@carballo.gal ou no teléfono 981 758 580. Só se reservarán un máximo de catro pases por persoa. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Carballo
Comentarios