![Saida de Boca de Sapo por Corcubion]()
A Asociación ecosocial e cultura Boca de Sapo volve a armar unha interesante actividade en Corcubión. Este domingo 17 de maio será un día adicado ás prantas e froitos silvestres comestibles da zona. Ao longo do día haberá unha presentación matutina (na Capela do Pilar ás 10:30h), para preparase para o roteiro que se realizará a continuación.
Pola tarde, a partir das 16:30, no campo de San Roque haberá un obradoiro de cociña para sacarlle partido ao colleitado na excursión da mañá.
Podes reservar a túa praza para o roteiro (de prezo libre) e para o obradoiro de cociña (25€) en bocadesapo.corcubion@gmail.com.
Para irse preparando propoñen descargar e ler responsablemente
o libro “Bienaventurada la maleza porque ella te salvará la cabeza”.
Actividades no cole de Quenxe
Ademais, a asociación colabora co Colexio de Quenxe organizando para este xoves, unha saída ao monte para o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Un roteiro que rematará en San Pedro de Redonda, para realizar un recoñecemento de especies de prantas autóctonas. Os aumnos irán guiados polos María, Serxio, Juan, Paco e Alex, membros da asociación, ademais da
Para a a realización desta actividade teremos o privilexio de contar coa colaboración de, por un lado, profesora de Bioloxía no IES Fernando Blanco, Belén Lorenzo Arenal, tamén integrante da entidade. Belén conta cun interesantísimo
blog de Fauna e flora galega.
Antes da saída, Francisco Santiago López (coñecido na vila como Paco Perú) realizará unha exposición audiovisual sobre a natureza endémica da Costa da Morte, fauna e flora, e dará unha pequena charla na Biblioteca do centro.