sábado. 26.07.2025
El tiempo

Camariñas ponse de Medievo e Vive co Mar

Desembarco do Rei Alfonso IX no Encaixe no Camino de Camarinas 2025-Foto-VH
Desembarco do Rei Alfonso IX no Encaixe no Camiño de Camariñas do ano pasado-Foto-VH
Camariñas ponse de Medievo e Vive co Mar

Se Corcubión é un fervedoiro estes días co Mercado Medieval, Camariñas ten tamén unha xenda apretada. A terceira edición do proxecto “Vivindo co Mar" coincide co Encaixe no Camiño, facendo da vila do Encaixe un auténtico polo de atracción.

Vivindo co Mar".

Durante este fin de semana, do 25 ao 27 de xullo, terá lugar nas instalación do Club Náutico de Camariñas a terceira edición do proxecto “Vivindo co Mar".

Conferencias, proxeccións, degustacións gastronómicas de marisco e conservas galegas, demostracións de vela, grupo de gaitas, portas abertas nas distintas seccións do Club Náutico, etc.e sendo o prato forte desta fin de semana o XI descenso de Kayak ,que vai dende a Ponte do Porto ata os pantaláns do Club Náutico, xa todo unha proba clásica do verán camariñán. Terá saída sobre ás 17,00 h. do sábado, 26 de xullo, e tendo prevista a chegada ao Club Náutico sobre ás 19,30 h.-20,00 h.

En relación ao descenso de Kayak hai preto de 200 inscritos, uns dos mellores datos de inscripción da historia do descenso.

Imaxe dun descenso dende a Ponte do Porto

Ademais, por primeira vez nun evento destas características en  Camariñas, disporán dunha pantalla xigante de 12 M2 (4x3 metros) e para ir vendo en directo a saída e todo o traxecto do descenso, eso sí, sempre que a tecnoloxía non nos falle.

Coa chegada dos participantes do decenso, chegará o momento de repoñer forzas, con riquísimo churrasco, bebida, degustación gastronómica con mexillóns e navallas e conservas galegas.

Encaixe no Camiño

Cartel Encaixe no Camino Camarinas 2025

Así mesmo, a Asociación de Promoción Turística de Camariñas ten artellado un completo programa polas xornadas Encaixe do Camiño, aderezada pola Festa do Marisco. Este é o programa completo, tendo en conta que todos os días hai numerosas actividades na rúa, ambiente musical, xogos populares…

Venres  25 de xullo

  • 17:00 Apertura do mercado de postos medievais e ambiente musical.

Sábado 26 de xullo

  • 11:00 Apertura do mercado e Desfile de comparsas
  • 11:30 Saída da comitiva dende a Casa da Pedra cara o porto para recibir ó Rei Alfonso IX.
  • 11:45 Presentación dos actos no porto.
      Desembarco do Rei Alfonso IX.
      Recreación teatral da chegada do Rei.
  • A partir das 13:00 “Degustación de Marisco: mexillón e percebe” co patrocinio de Mariscos Antón e Camelle colaboración da Cofradía de Camariñas.
  • 17:00 Demostración de artesanía en vivo de diferentes oficios tradicionais: taller de cestería, cuero…
  • 18:00 Mesa redonda: Historias do Concello de Camariñas.
  • 19:00 Teatro de marionetas
  • 21:00 Concerto de música: “La Banda del Pájaro. El corta. Música de los 80-90.”

Domingo 27 de xullo

  • 9:30  Saída dende a  Praza do Mercado  da camiñata, acompañando ó Rei Alfonso IX ata Cereixo, facendo paradas con representación teatral en Xaviña e Cereixo.  Precísase inscripción para poder voltar en autobús.
  • 11:00 Apertura do mercado
  • 11:30 Demostración de artesanía en vivo de diferentes oficios tradicionais: taller de cestería, cuero…Teatro de marionetas
  • 18:00 Recreación do desembarco da Dama italiana, que segundo a lenda , ensinou a palillar.   
  • 19:00 Desfile de moda do encaixe de Camariñas.

 

Comentarios