domingo. 25.05.2025
El tiempo

Evento

Día do Peñón en Laxe

05/xuño/2017 a 05/xuño/2017
5:00 h a 6:00 h
Día do Peñón en Laxe
O Día do Peñón, é o vindeiro luns 5 de xuño, no que haberá I Concurso de Cociña: "A mellor tortilla doce do Peñón". Coa finalidade de dar a coñecer e promover tanto a festividade do Peñón como esta receita típica e tradicional do noso concello realizada para festexar este día, o concello convoca este primeiro concurso de cociña de tortilla doce que se realizará na mesma braña de Soesto o luns 5 ás 16.30 horas. As persoas interesadas en participar, poden informarse e preinscribirse presencialmente ou por teléfono nas oficinas de cultura municipais (981 70 69 03, extensión 3) A partir do mércores desta semana, as bases estarán dispoñibles tanto no taboleiro de anuncios como na web e conta de facebook do concello. A maiores, a partir das 17.00 horas, actuarán os grupos locais de Tren da Unha e Pandereteiras de Andora, animando a xornada de festividade local que con tantos anos de tradición e historia conta entre a xente da parroquia de Laxe.
Comentarios