sábado. 12.07.2025
El tiempo

Destacan o investimento autonómico nas estradas da comarca

markup_1000214120
Destacan o investimento autonómico nas estradas da comarca

Visitaba onte Santa Comba a delegada da Xunta, Belén do Campo, acompañada pola directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Begoña Freire, así como membros do PP local, que non do goberno socialista xalleiro.

Quixeron ver as obras de reposición do firme na AC-441 ao seu paso polos concellos de Santa Comba e Mazaricos, cun investimento de máis de 214.000 euros.

A delegada da Xunta explicou que esta actuación inclúese nun contrato máis amplo, que abarca un total de 4 estradas autonómicas, nas que se inclúe esta estrada AC-441 ao seu paso por estes dous municipios, e outras 3 máis da provincia da Coruña (AC-419. AC-432 e AC-442) que atravesan Vimianzo, Camariñas, Zas, Dumbría, Malpica de Bergantiños e Ponteceso, cun investimento de case 3M€ e que benefician a unha poboación de preto de 43.000 habitantes dos 8 concellos.

As actuacións contempladas neste proxecto non implican a realización de ningunha expropiación, xa que están todas incluídas dentro da franxa de dominio público. O prazo de execución é de 4 meses, prevése que o inicio das obras sexa a finais do mes de xullo e rematarán antes de que finalice o ano.

Ademais, nas zonas nas que sexa necesario intervir na estrutura do firme existente (rodeiras, afundimentos ou fisuras) levarase a cabo o fresado dos tramos afectados e o posterior asfaltado de 5 cm de espesor. Nalgúns tramos será necesario implantar a combinación de varias propostas , levando a cabo unha eliminación parcial e reposición do firme, seguida dun recrecemento.

Todas as intervencións de acondicionamento do firme completaranse co pintado da sinalización horizontal dos treitos de actuación de todas as estradas e a reposición dos treitos de barreira de seguridade que sexa preciso.

Comentarios