Evento
Domingo de Entroido en Carballo 2020
23/feb./2020
18:00 h
Praza do Concello

21:05 20/02/20
É moito o Entroido de Carballo, e ten como foco principal o Concurso e Desfile de Disfraces, Comparsas e Carrozas, que se celebrará o domingo 23, con máis de 8.000 euros en premios e subvencións nas distintas categorías. A regueifeira Lupe Blanco será a presentadora do certame.
Pero hai moitas máis cousas. O sábado haberá festas por Oza e Sísamo. O martes, charanga e festa de maiores, e a gran cita co Enterro da Sardiña, con saída ás 19:00h da Praza do Concello ata o parque do Anllóns.
As últimas daranse o sábado 29 en Ardaña, Artes e Cances.
&nbps;