Luns. 26.02.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Encontro Literario en Baio

26/feb./2019
12:00 h
IES Maximino Romero de Lema
Jordi Sierra i Fabra
Encontro Literario en Baio

O martes 26 de febreiro e dentro do programa do Ministerio de Cultura e Deporte “Encuentros literarios”, visitará o IES Maximino Romero de Lema (Baio) o escritor catalán Jordi Sierra i Fabra. Cultivou todos os xéneros como escritor, dende a novela policíaca e de ciencia ficción á narrativa infantil e xuvenil, a poesía, o humor, a historia, a biografía ou o ensaio. É unha autoridade en música rock, fundador e director en España de diversas revistas musicais. Traducido a unha treintena de idiomas, suma máis de 40 premios literarios no seu palmarés por unha obra inxente que acadou o medio millar de libros e superou os 12 millóns de exemplares vendidos. Algúns dos seus libros foron adaptados ao teatro e ao cine. Conta coa Fundación Jordi Sierra i Fabra, creada en pos do fomento da lectura e da escritura entre os máis novos.

Este referente da literatura infanto-xuvenil participará nun encontro literario co alumnado da ESO do IES Maximino Romero de Lema e do CPI de Zas o próximo martes no Auditorio de Baio (12:00-13:30 horas).

Comentarios