Luns. 26.02.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Encontro Literario en Ponteceso

22/feb./2019 a 22/feb./2019
20:00 h a 22:00 h
A Tenda dos Libros
Encontro Literario en Ponteceso con Villo Argumanez
Encontro Literario en Ponteceso

Este venres, a Libraría  A Tenda dos Libros (A Trabe-Ponteceso), acolle lugar un acto literario co poeta Villo Argumánez. 

Argumánez é un namorado da poesía dende neno e empezou a publicar aos 17 anos en revistas culturais.

Participou en programas de radio e publicou o seu primeiro poemario no ano 1984 baixo o título de Binomio. Outros títulos seus son Poemas inacabadosAmalgama e Arritmia

Os seus poemas falan de amor, dor, tempo e morte e de todo o que lle afecta ao ser humano, con un verso logrado que sabe conquistar e que xoga coas palabras. Ten unha capacidade prodixiosa e humorística para falar de literatura, de natureza, de neurociencia ou da propia vida e ten declarado que a palabra, namora, fai sufrir, provoca catarses e desintoxica, outorgándolle un poder devastador. 

O encontro literario será na libraría A Tenda dos Libros a partir das 20,00 h.

A continuación no Pub A Eira, continuará o encontro literario nun ambiente máis distendido e ao abrigo da lareira.

Comentarios