Mércores. 11.09.2024
El tiempo

Evento

Enterro da Sardiña en Corcubión

01/mar./2017 a 01/mar./2017
7:00 h a 6:00 h
Praza Castelao
Enterro da Sardiña en Corcubión
Enterro da Sardina en Corcubion Este mércores 1 de marzo toca darlle punto e seguido ao Entruido. Xente do povo de Corcubión, asociacións (Universidade Popular, Anpa Alén e Xaldón) percorrerán os rueiros de Corcubión a chorar polo entruido. Sairán ás 19:00h da Praza da Castelao e pasarán polas tabernas Adeus touciño Adeus cocido Adeus farrapos Adeus caretas de cartón Adeus mono azul Morreu a sardiña Viva o Entruido! Manifesto do párroco do entroido Parroco do Entroido de Corcubion O Párroco do Entroido de Corcubión Unha pantasma percorre Corcubión. É a pantasma do Entruido. O Entruido chora e chora moito polo esquecemento. Porla invasión de costumes alleas e alienantes. Galiza foi sempre terra de troula e irreverencia. Sempre sentiu o Entruido como proprio. Debemos erradicar formas doutras terras e beber do noso. As autoridades lonxe de promocionar, coidar e recuperar adícanse a formas de "entruido" que lembran a outras culturas. Fomentan a competividade con ánimo de lucro. Entruido a golpe de talonario. Nosas avoas e avós percorrían os lugares disfrazados con calquer cousa collida dos bauis. Metíanse co poder estabelecido e daban un repaso aos acontecementos do ano. Recuperemos os farrapos, as caretas de cartón, a irreverencia e a desobediencia! Recuperemos o Entruido. Recuperemos nosas tradicións! O povo é quen máis troulea!
Comentarios