Xoves. 07.11.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Tren de Entroido en Carnota

 

01/mar./2019 a 04/mar./2019
17:00 h a 13:00 h
Carnota e parroquias
Entroido Carnota 2019 copia
Tren de Entroido en Carnota

O venres 1 de marzo, ás 17:00h arrinca o entroido en Carnota coa Festa de Entroido, sen concurso pero con inchables, refrescos, lambetadas e discoteca móbil.

A partir de aí o entroido espállase polas parroquias. O sábado 2 de marzo, no Pindo. Ás 17:00h, saída do tren de Entroido da Praza da Solaina coa comparsa Pindexa, que percorrerá O Pindo, Quilmas, Panchés e A Curra. E ás 21:30h, Cea-baile de Entroido “Anos 20” (ARCD Pedramar).

O domingo 3 de marzo, dende as 11:30 h ata as 18:00 h, vai o Tren BVE (Baixa velocidade) polas parroquias do concello. Ás 11:30h sae de Lariño; ás 12:30 pasará por Lira para ir parando tomar o vermú por San Mamede e Caldebarcos, e comer en Carnota.

O luns 4 de febreiro, de 11:30 a 13:00 h, a Casa do Concello, acolle un Obradoiro de Regheifas para rapazada de 7 a 15 anos, da man de Guadalupe Blanco, da Asociación Oral de Galicia.

Entroido das familias

O sabado de Entroido as 17:00 da tarde, varias familias de Lira en colaboración con Canle celebrarrán unha tarde de entroidada na Lonxa Vella e explanada do porto. As actividades seran as seguintes:

  • Elaboración e degustación de filloas. 
  • Elaboración e degustación de orellas. Darán formas as orellas. En frixilas non participan, a tixola e o aceite é mais perigosa que a filloeira.
  • Creación de disfraces caseiros, como se facía antes. Agradecese que traiades roupa vella, mandiles, fundas, gorros... Cada un fara o seu disfraz caseiro. 
  • Xa comidiñ@s e elegantism@s, se non chove, na explanada do porto e senón no local, farán un baile/carnavalada.

É importante avisar antes do venres para coller provisións.

Entroido Carnota 2019

Comentarios