Evento
Entroido en Baíñas
13/feb./2016 a 13/feb./2016
18:00 h a 18:00 h
15:11 01/02/16
O concello de Vimianzo xa ten todo preparado para o seu tradicional desfile de disfraces que nesta ocasión será o sábado 6 de febreiro.
A comitivia sairá ás 16:30 horas da Praza do Concello e percorrerá as rúas da vila. Ao remate haberá atraccións e actuacións musicais para os máis pequenos. Ademais, do desfile repartiranse premios entre os mellores disfraces a nivel individual, por grupos ou en comparsa.
Ademáis de participar no desfile, os nenos e nenas do municipio maiores de 3 anos poderán asistir ao obradoiro de máscaras e animación que terá lugar o luns, 8 de febreiro, entre as 17 e as 19 horas na biblioteca municipal de Vimianzo. Os interesados deberán inscribirse na propia bilbioteca.
O concello de Vimianzo tamén colabora na organización da festa de entroido que se celebrará o sábado, 13 de febreiro, no pavillón de Baíñas. Alí haberá premios, xogos, inchables, música e comidas típicas do entroido.
Novas relacionadas
- Adro prepara o Festival de Entroido cunha gran cea-baile
- O concurso de disfraces de Cee repartirá 4.500€ en premios
- Un entroido de cervexa e artesanía en Santa Comba
- Un Entroido de Baile, filloas e sardiña en Camariñas
- Carnota prepara un certame de Regueifas para satirizar o entroido
- Fisterra xa ten o seu programa de Entroido
- Fisterra decide pasar o seu famoso Martes de Entroido para o sábado
- A Mikaela de Buño, a raíña do Entroido da Costa da Morte
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Vimianzo