![]()
Do mércores 03 ó 31 de maio, na sala de exposicións que xestiona a Asociación de Empresarios de Camariñas no faro Vilán, poderán ver a exposición de escultura “De boas madeiras” de Xosé Manuel Rodríguez Mojón “Moxom”, en horario de 11h a 14h e de 15:30 a 20h.
Xosé Manuel Rodríguez Mojón “Moxom”
Ourense, 1964. Comeza no mundo da banda deseñada na década dos oitenta formando parte do Frente Comixario, colectivo dinamizador da BD em galego. Nesta época naceron do seu maxín: Indiana Xones, o Capitán Palheiro e tamén as persoaxes da Historia da Lingua en Banda Deseñada. Desaparecido o colectivo comezou a súa andadura como “Moxom” no mundo da escultura de madeira aló polo ano 1996. Suma dende entón unhas 70 exposicións por toda Galicia e continúa coas súas creacións.