Evento
Festa da Carballeira de Zas
03/ago./2018 a 03/ago./2018
7:00 h a 6:00 h
Carballeira de Velar
12:48 19/07/18
Xa temos data para a gran festa do folk da Costa da Morte. E este ano ademais a cousa vén máis “folki” ca nunca. A Festa da Carballeira de Zas cumple nada menos que 35 anos, e faino cun cartel espectacular para encher de música a carballeira de Velar os días 3 e 4 de agosto.
Os galegos Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre e os escoceses Mànran, son os cabezas dun cartel que terán o seu punto exótico na visita dos nipóns Harmonica Creams. A estes hai que engadirlles os galegos Astarot para a cita sabatina.
Unha noite antes, a do venres, os galegos Pelepau romperán o xeo, a continuación actuará a irlandesa Niamh Ní Charra, a forza galega SÉS e o peche do primeiro día será a cargo de The Fatty Farmers.
Ademais das noites, a tarde do sábado na Carballeira de Zas está pensada para o desfrute de maiores e pequenos, contando con unha zona de gastronomía, espazo lúdico infantil, feira de artesanía e diferentes actuacións a partir da sesión vermú das 14h.
Entradas
As entradas para o festival poderanse mercar dende hoxe mesmo na páxina www.festadacarballeira.com e a través de Ticketea, tendo un prezo de saída de 10€, o bono para os dous días, tarifa que se manterá durante o mes de xuño. En xullo pasará a costar 12€. A venda en taquilla será de 15€, bono de dous días. Como en pasadas edicións os asistentes poderán contar con zona de acampada gratuíta (situada a poucos metros do recinto musical), baños e duchas.Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/a-festa-da-carballeira-vence-ao-orballo-e-ao-vento-coa-sua-musica-de-raiz/Máis información
- www.festadacarballeira.com.
- Facebook da Festa da Carballeira.
- Axenda Sonora da Costa da Morte.
- Axenda Costa da Morte.
Novas relacionadas
- 2017: A Festa da Carballeira vence ao orballo e ao vento coa súa música de raíz.
- 2017: Youenn Le Berre, flautista de Gwendal: “O público da Festa da Carballeira de Zas transmite maxia”.
- 2017: Fidel Otero: “A Carballeira si está en moi bo estado de saúde, non tanto a música folk”
- Carballeira 2016: A Carballeira de Zas bate marcas
- Carballeira 2016: Mago de Oz arrincou unha espectacular Carballeira de Zas.
- Carballeira 2016: Fidel Otero: “A Festa da Carballeira é algo que levamos dentro”.
- 2013: 30 anos de folk e festa na Carballeira de Zas.
- 2012: A música e a troula puideron ca chuvia na Carballeira de Zas.
- 2012: Lupe Nieto: “Boa música sen troula non cabe na Carballeira de Zas”.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).