Evento
Fin de Ano Adiantado de Corme
26/set./2015 a 26/set./2015
14:00 h a 14:00 h
13:11 22/09/15
O xoves 24 de setembro, e o sábado 26 terán lugar dous simbólicos días de Festa por Corme. O Xoves toca Festa dos Remedios, con sesión vermú e boa verbena coa Fania Blanco Show.
Máis atención centra a cita do sábado, coa Gran Festa de Fin de Ano diantado, con sesión vermú e verbena. Unha cita singular que recorda aquel findano de 2002, cando un apagón impediu tomar as uvas ao ritmo das badaladas de Sol. Dende aquela, cada setembro, e con mellor tempo, os cormeláns fan esta singular despedida de ano, con cotillón e uvas!