Evento
Festa Galega de Malpica
26/ago./2016 a 28/ago./2016
19:00 h a 00:00 h
10:45 16/08/16
Coa 33ª edición da Mostra da Olería aínda en marcha e as festas do Mar á vista; Malpica ca ten todo preparado para o que será a novena edición da festa Galega e a feira Medieval que terá lugar a última fin de semana de agosto.
Xabier Díaz – que ten novo disco con aires da Costa da Morte – e Mercedes Peón, dous pesos pesados da música galega, subirán ao escenario do porto de Malpica os días 26 e 27, respectivamente con motivo da Festa Galega.
Do 26 ao 28 estará aberta tamén a feira Medieval Mariñeira, con ducias de postos de artesanía, gastronomía e produtos do máis variados ao longo da rúa principal. A Feira Medieval Mariñeira abrirá todos os días ás 11 horas.
Programación da IX Festa Galega:
Día 26 (Porto de Malpica)
- 22.00 h.Cantareiras da A. C. Carcaxía
- 23.00 h. Xabier Díaz & adufeiras do salitre
- 01.00 h.Fol de veneno
- 11:3o horas: Pasarrúas dos gaiteiros da A.C. Carcaxía e da A.C. Raigañas
- 19.15 h. 4º Desfile de Bandas de Gaitas da A.C. Malante (saída do centro Cívico de Malpica)
- Banda de Gaitas Airiños de Fene
- Grupo de Baile Arume de Verdillo (Carballo)
- Banda de Gaitas da A.C. Malante (Malpica)
- 22.00 h. Cantareiras da A. C. Malante (porto)
- 22.30 h. Cantareiras da A. C. Raigañas (porto)
- 23.00 h. Mercedes Peón (porto)
- 01.00 h. Leirabuxo (porto)