Evento
Festas da Xunqueira
12/ago./2016 a 16/ago./2016
22:00 h a 00:00 h
14:38 18/07/16
4 días de festa (do 12 ao 16 de agosto) na Xunqueira de Cee 2016. As festas máis esperadas do verán na vila ceense chegan con nostalxia. A que nos traerán bandas como Tennesse, ou Los Limones, algúns dos nomes máis coñecidos.
A festa arrinca o venrs 12 de agosto. O arquitecto Juan Creus será o pregoeiro, e a disco móbil amenizará a noite na Alameda.
O sábado arrinca a troula cos Cantos de Taberna polos bares a partir das 20:00h, e pola noite, na praza do centro, pequeno festival de música, cos locais Leo KCh, Route 552, Almánimal, e co peche oitentero de Los Limones.
Xa o domingo 14 de agosto, será a tarde dos Cabezudos, e pola noite, verbena co grupo America e a banda mítica Tennesse.
O luns 15 de agosto, o Día da Xunqueira será completo. A mañá será para as bandas de música. A sesión vermú será con Passarela e a charanga NBA, e pola noite, a Tamnarindos, e unha das citas máis esperada, a gran sesión de fogos artificiais.
O martes 16, Día de San Roque, arrinca con bandas e sesión vermú verbeneira, e remata co Concerto de David Demaría.