![Festas O Esto Cabana de Bergantinos]()
Na parroquia cabanesa de O Esto celebran as festas na honra a san Ramón. A VII festa do porco ao espeto abrirá o programa festeiro. A orquesta Fania e Nueva Fuerza serán as encargadas da verbena do venres día 2.
O sábado haberá dianas e alboradas dende as nove da mañá e á unha será a misa solmene. A continuación será a sesión vermú da man de DZona que compartirá escenario á noite con Kien lo Diría.
O domingo os actos relixiosos tamén se combinarán cos musicais.