Martes. 16.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Festiletras 2019

12/maio/2019 a 19/maio/2019
13:00 h a 18:00 h
Fundación Eduardo Pondal
programa Festiletras 2019 copia
Festiletras 2019

Chega a 37º edición do Festiletras, esa cita que convirte unha pequena aldea de Ponteceso nun dos puntos máis importantes de Galicia no día da súa festa nacional.

Así o ratifica o completo programa de 7 días (do 12 ao 19 de maio) que terá lugar este ano. Un programa que, como sempre comeza o domingo 12 coa entrega dos Premios Bos e Xenerosos, que este ano recaen en Isabel Aguirre(arquitecta e directora da ‘Escola Galega da Paisaxe’ da Fundación Juana de Vega), o actor carnotán Miguel de LiraRosario Álvarez (catedrática de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela e membro da Real Academa Galega) e o actor Carlos Blanco.

O mesmo domingo 12, ás 18:00h na Casa dos Veciños presentarase o proxecto Literatas 2019, como previa da actuación do dúo Caamaño-Ameixeiras.

luns 13 de maio comezaron os obradoiros de literatura pola mañá con grandes da nosa obra como Marilar Alexandre, Fina Casalderrey e Víctor Freixanes. Pola tarde, 17:00h na Casa dos Veciños case maxustral de xoiaría con Carla Canedo, e pola noite, ás 20:00h, na sé da Fundación, primeira Contada, con Celso Sanmartín.

martes 14 de maio, chegan as Malas Linguas e a arquitectura para os máis pequenos. Pola tarde, Roteiro Pondaliano con Manuel Ferreiro e Miguel Mato. As 20:00h presentarase a proposta Pondaliana, un libro cd de poemas musicados do bardo editado pola Mesa. E de seguido, concerto de Su Garrido Pombo.

mércores 15 de maio é o día Festiciencia, cun encontro do alumnado e profesorado de varios clubs de ciencia de centros de ensino da bisabrra. Tamén pola mañá Paco Noguerias traerá o seu Radio Bule-Bule.
Pola tarde, ás 18:00h, xa na carpa, a eminencia científica xalleira Ángel Carracedo traerá o seu chocolate, e ás 20:00h, recital poético con Manuel Lorenzo e concerto de Rosa Cedrón e Emilio Rúa.

Festiletras 2019

xoves 16 é día adicado ás Píllaras das dunas, cun roteiro ornitolóxico guiado pola mañá, paralelo a unha sesión de contacontos, xogos e obradoiros. Pola tarde haberá máis actividades para os cativos na carpta; ás 20:00h concerto de Xavi Lozano, e ás 22:00h ruta nocturna para ver morcegos.

venres 17 de maio é o día forte. As actividades comezan ás 11:00h na sé da Fundación cun recital poético de 50 poemas galegas sobre as árbores. Ás 12:00h, clase maxistral con Mercedes Peón. Ás 13:00h Anxo Moure trae a súa músic das árbores e ás 14:00, Baiuca trae a súa mestura entre música tradicional e electrónica.
Pola taerde, feira de emprendedoras, concerto das lerchas, actuación das Raigañas como previo ao gran concerto de Mercedes Peón, unha das protagonistas deste Festiletras.

sábado 18 de maio, terá lugar pola mañá o VI Encontro de Aldeas Singulares, acompañado coa primeira Feira Agroalimentaria con degustación de produtos da terra e de viños. Unha das citas que mellor demostra o potencial do Couto. A sesión vermú será con Ortiga.
Xa ás 17:00h, subirán as embarcacións tradicionais ata a casa de Eduardo Pondal; ás 18:00h obradoiros infantís de cociña; ás 19:00h música e gastronomía mestúranse cos Farrapos, e ás 23:00h, gran festa na carpa central con Ezetaerre, Terbutalina e Che Sudaka.

domingo 19 de maio aínda queda moito por disfrutar na Feira de Artesanía, amenizada por Fol de Veneno, Cé Orquesta Pantasma, Pablo Díaz ou os xogos da Cooperativa Miudiño, ademais da actuación de Xosé Touriñán e Amigos.
As 16:00h nova actuación para os peques con Magín Blanco; ás 17:00h danza tradicional con Inllar, e ás 18:00h peche, nada menos que con Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre.

Novas relacionadas

Comentarios