Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Couto abríu a escencia das Letras Galegas

O Couto abríu a escencia das Letras Galegas
Os Bos e Xenerosos da Fundacion Eduardo Pondal 2018: Marilar Alexandre, Xan Fdez. Carrera (recollendo o premio a Xaquín Marín), Quico Cadaval e Sés Os Bos e Xenerosos da Fundacion Eduardo Pondal 2018: Marilar Alexandre, Xan Fdez. Carrera (recollendo o premio a Xaquín Marín), Quico Cadaval e Sés-Foto-José María Suárez Arrincou o Festiletras, o gran fervedoiro cultural pontecesán que trascende das fronteiras da Costa da Morte. E fíxoo o pasado mércores 16, coma sempre, coa entrega dos recoñecementos aos “Bos e Xenerosos”. Nunha ateigada sala, a Fundación Eduardo Pondal quixo ter en conta a labor cultural de catro senlleiros representantes das nosas Letras Galegas: a escritora Marilar Alexandre, o debuxante Xaquín Marín, o artista da escena Quico Cadaval e a cantante Sés. Non puido asistir Marín, pero foi o seu amigo Xan Fernández Carrera o que recolleu o premio no seu lugar. Ningún dos tres quixo esquecer o gran labor que realiza esta pequena aldea do Couto, e agradeceron o compromiso pola cultura, e pola cultural galega, deste pobo. Particular foi o encontro de Sés con Teresa dos Cucos, unha das mentoras da artistas “berghantiñana”, unha desas persoas que Sés nunca poderá esquecer. [fbvideo link="https://www.facebook.com/quepasanacosta/videos/10156211948232177/?t=2" width="800" height="450" onlyvideo="1"] Quico Cadaval Quico Cadaval-Foto-José María Suárez Sés con Tereixa dos Cucos na FEP-Foto-Jose Maria Suárez Sés con Tereixa dos Cucos na FEP-Foto-Jose Maria Suárez

Festiciencia

Festiciencia no Festileras 2018 Este pasado xoves 17 convertiuse o Couto na capital mundial da internet, porque este ano o Festiletras ten algo, moito, de “Festiciencia”. Alumnos de todo o país disfrutaron dunha saída de Xeocaching (unha xincana divertida por toda a aldea descubrindopistas literarias); gravaron un programa da Radio Galega “Efervesciencia”, e tamén participaron nun workshop de Ciencia cidadá, a cargo de Jose Viñas. Foi o mago Antón o encargado de darlle un toque máxico a sesión científica, antes da música de Fetén Fetén e da saída a ver ás estrelas con Jorge Mira. O programa continúa toda esta fin de semana. O venres volve ser a ciencia a protagonista e pola noite a cita coas Tanxugueiras é todo un reclamo. O sábado é o Día das Aldeas Singulares e da Feira de Artesanía. Pola tarde haberá paso ás regueifas e tamén a ungran festival de música con Mounqup, Txarango e Igmig. O domingo, máis artesanía, contacontos, e sesión vermú con Terbutalina. Feten Feten na Fundacion Eduardo Pondal Feten Feten inaugurou as citas musiqueiras

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios