Evento
Festival Nacional de Ioga
Xa hai arredor de 400 inscritos para participar nas actividades do Festival Nacional de Ioga de Santa Comba-Shanti ON. A vila xalleira convertirase no centro de referencia estatal en todo o que teña que ver ao meditación e a vida contemplativa, cunha Feira impresionante chea de cousas.
Todo partía da que este ano é mestra de Ioga na capital xalleira. Xa van para 4 anos dende que a actividade se desenvolve durante todo o curso cunha manchea de fieis que disfrutan da meditación cada semana. Este ano a mestra Alexandra Rogers está moi implicada no "mundiño", como se soe dicir, e a súa proposta foi moi ben aceptada polo Concello, que se volcou na súa organización. O éxito está garantido.
Así, no Festival haberá sesións de Yoga, de Meditación, de Terapia, charlas e expositores sobre Medicina Natural e Alimentación Enerxética e tamén haberá Concertos, showcookings, Danzas como a capoeira…
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).