Evento
Fisterra Blues Experience
01/xul./2017 a 01/xul./2017
12:00 h a 6:00 h
18:14 06/06/17
A presentación no Faro do Fisterra Blues Experience foi en clave musical, como non podía ser doutro xeito
Un festival de blues na Costa da Morte? Pois si. Emocionouse o Concello de Fisterra ante a proposta de Javi Turnes, o noso bluesman de adopción, e aí está en marcha xa o Fisterra Blues Experience.
Un festival con todas as letras que traerá o mellor do blues galego, nacional e internacional, con dous días de concertos e unha manchea de actividades paralelas durante os venres 30 de xuño e sábado 1 de xullo.
“A idea é que non sexa só concertos, senón enchelo de contidos, como obradoiros para a mocidade, un roteiro gastronómico, unha feira de artesanía e mesmo viaxes en barco con música blues en directo”, explícanos o propio Turnes, mestre de filosofía no IES Fernando Blanco e alma da banda costeira-compostelá Bakin’Blues. Queremos que sexa unha alternativa de ocio tanto para a xente de aquí como para todo tipo de visitantes, e vanse distribuir as actividades por varias zonas, centralizando a actividade musical na praza da Constitución, pero tamén con varias sesións vermús en clave de pasarrúas”.
O Fisterra Blues Experience chega para quedar, e faino co afán de “xerar comunidade”, un sentimento de polinización que tanto lle presta a este polifacético filósofo. “Intentaremos lanzar un discurso do blues que non sexa algo puramente rollo Chigado. Queremos que nos dea unha sensación de mar e que sirva para conectar a través do Atlántico, África e o sur de Europa con EEUU”, apunta o promotor.
Un marco inmellorable
Un evento para un territorio no que a paisaxe, a natureza, o patrimonio e a gastronomía se unen á música cun cartel no que se mesturan artistas internacionais e locais. Lugares como a Praza da Constitución serán claves, pero compartirán protagonismo con ese mar polo que se desenvolverán varios viaxes en barco con música blues en directo. Unha experiencia inigualable.Grandes bandas
A primeira edición dese festival terá como cabeza de cartel a unha lenda vida do swamp blues (blues do pantano), Lazy Lester, que chega desde Louisiana acompañado pola súa banda en España, Lazy Boots. Autor de clásicos que foron versionados por grandes grupos como The Kinks, é toda unha experiencia velo nos seus directos, onde segue a congregar fans de todo o mundo, co seu inconfundible estilo. Desde Estados Unidos tamén chega Greg Izor, unha das potencias emerxentes entre os harmonicistas de blues, que mestura sons de Louisiana, Chicago e Texas, cun estilo persoal, tradicional e fresco. Lidera varias formacións ademais da súa banda principal en Austin, The Box Kickers. Desde hai anos, tamén é frontman dos lexendarios Anson Funderburgh & the Rockets. Estará acompañado polo vasco Iker Piris (Tolosa, 1979), líder de The Romanticos, que conta con tres discos no mercado e participou nos principais festivais europeos de blues. Outro dos puntos fortes será a banda residente do festival, a Fisterra Blues Experience House Band, creada en Madrid expresamente para este evento e presentada na sala Intruso de Madrid o 31 de maio. Pola banda galega chegan os Bakin’ Blues Big Band liderados polo propio Turnes, que xa teñen a súa lexións de fans na bisbarra. E, por último, tamén participarán Sabela King & The HeartBreakers, o trío formado por Sabela King, Ramón Figueira “Figui” e Benjamín Vázquez. Estilisticamente móvense entre o blues, o country e o soul dos 50 e dos 60, adaptando versións dos clásicos destes xéneros e temas actuais a un formato reducido. A primeira edición deste Fisterra Blues Experience, promovido por Javi Turnes, está organizada polo Concello de Fisterra, coa colaboración da Deputación da Coruña, da Sociedade de Blues de Compostela e a Sociedad de Blues de Madrid.Horarios
VENRES 30 17:30 BLUES ABORDO 19:00 ROTEIRO GASTRONÓMICO 20:00 GREG IZOR & iKER PIRIS 22:30 FISTERRA BLUES EXPERIENCE HOUSE BAND 00:30 JAM SESSION SÁBADO 1 12:00 MOSTRA DE ARTESANÍA 12:00 ROTEIRO GASTRONÓMICO 12:30 VERMÚ BLUES · FISTERRA HOUSE BAND [PORTO] 13:45 VERMÚ BLUES · SABELA KING & THE HEARTBREAKERS [RÚA REAL] 15:00 JAM [PRAZA DA CONSTITUCIÓN] (con nenos da Escola de Música de Cee) 17:00 CONTABLUES · OBRADOIRO DE BLUES E CONSTRUCIÓN DE INSTRUMENTOS PARA NENOS/AS [PRAZA DA CONTITUCIÓN] 17:30 BLUES ABORDO 18:30 BLUES ABORDO 18:30 CLASE ABERTA DE BAILE BLUES [PRAZA DA CONSTITUCIÓN] 22:00 BAKIN’ BLUES BAND 23:30 LAZY LESTER & THE LAZY BOOTS 1:00 JAM SESSIONMáis información
Novas relacionadas
- Entrevista en QPC: As Bondades da Fala: Un filósofo na fin da terra.
Artigos de Javier Turnes en “A Escarpadura”
- Javi Turnes abre a porta da ensinanza dende Canadá.
- O pobo e a unidade perdida.
- “Sen título”.
- Discontinuidade e Recoñecemento.
- Aquelo que resta.
- Habitar.
- Tarxeta de Nadal.
- Quebra.
Outras novas
- A música e a filosofía fundíronse coa paisaxe da Costa da Morte.
- Primeira aparición da Real Orquestra Fortuita da Costa da Morte.
- A Costa segue pensando e disfrutando a música.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).