xoves. 01.05.2025
El tiempo

Evento

Fogos artificiais da Xunqueira dende o mar

15/ago./2017 a 15/ago./2017
11:00 h a 6:00 h
Fogos artificiais da Xunqueira dende o mar
Stoupa, a tenda turística de Cee volve a unirse con Cruceros Fisterra para realizar un evento único na Costa da morte: ver os fogos artificiais da Xunqueira dende o mar. As entradas para este espéctaculo xa están á venda dende este fin de semana, tanto na tenda turística Stoupa coma en Cruceros Fisterra, e os prezos das 60 prazas dispoñibles irán mudando dende os 16€ das 15 primeiras reservas, ata chegar ás derradeiras, que custarán 22€. A embarcación María Elena sairá do porto de Corcubión o martes 15 de agosto ás 23 h., onde comezará o percorrrido pola ría, visitando lugares emblemáticos coma o Castelo do Príncipe ou o Castelo do Cardenal ata o Carrumeio novo. Os pasaxeiros da embarcación poderán desfrutar de música e copas durante todo o traxecto ata chegar ao lugar máis privilexiado da ría, para admirar os grandes fogos artificiais da Xunqueira, que terán lugar ás 12 da noite. Dende Stoupa e Cruceros Fisterra agardan que este evento se convirta nunha tradición e nun clásico das festas do verán na Costa da morte. As entradas poderán reservarse en Stoupa (Cee) chamando ao número 981 745 688 e na caseta de Cruceros Fisterra (Fisterra).
Comentarios