Martes. 23.04.2024
El tiempo

Evento

Inauguración dunha exposición en Ponteceso

16/dec./2017 a 31/dec./2017
7:00 h a 6:00 h
A Eira
Inauguración dunha exposición en Ponteceso
Fotos de Suso Lista da area do Osmo Fotos de Suso Lista da area do Osmo sacadas do seu Facebook Exposicion de arte efimera de Suso Lista Cartel feito por Adrián Varela para a exposición de Suso Lista

Ten máis dun milleiro de fotos botadas mañá tras mañá na area do Osmo. Arte efímera capturada polo teléfono móbil dun percebeiro-actor-escritor que non quere ampliar o seu currículum con iso de fotógrafo. “Son observador, non fotógrafo”, recoñece Suso Lista. O polifacético cormelán tivo complicada a escolleita de 25 imaxes (de 30x40) da area da súa praia para crear unha (esperadísima nas redes sociais) exposición.

”Efímera. Arte Natural” será estreada este sábado 16 de decembro, a partir das 19:00h na Eira, en Ponteceso, onde lucirá ata o Nadal.

Nestas imaxes non é tanto o contador Suso Lista o que se bota a recuperar esas historias salgadas de Corme (como fai na súa trioloxía de relatos). É a propia area a que nos conta centos de cousas nestas capturas. “É o universo nun plano”, explica. “O dibuxo faino o mar o vento o sol e a choiva. Nunca haberá dous dibuxos iguais”, apunta en clave efímera, “da mesma maneira que os debuxos das fotos xa non existen”.

Despois de pasar pola Eira, buscará oco na Coruña para pasar do 23 de febreiro ao 23 marzo no El Cercano de Ourense.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios