Evento
IV festival da A.C. Abaladeiras de Muxía
30/xuño/2018 a 30/xuño/2018
7:00 h a 9:00 h
11:21 27/06/18
A praza do Cabo da Vila, en Muxía, acolle a partir das 19:00 horas o IV festival da A.C. Abaladeiras de Muxía no que participarán máis de 80 músicos e bailadores. No evento tamén participarán como convidados o grupo de pandereteiras Mar Devalado de Camelle e o grupo de gaitas Xaramiños do Corpiño de Muxía.
A A.C. Abaladeiras naceu hai catro anos co obxectivo principal de ensinar e poñer en valor a cultura e a música tradicional galega. A entidade arrancou con pouco máis de 25 persoas repartidas en tres grupos de pandereita. Hoxe son xa unhas 75 persoas distintas as que compoñen os dous grupos de adultas de pandeiretas e 4 de nenos e nenas, tres grupos de baile tradicional de menores e un de persoas adultas ademais de un grupo infantil de percusión tradicional. Para o grupo de percusión será a sús estrea ante o público xa que é a primeira vez que actúan. O obxectivo da entidade é seguir medrando e poder ofertar cada curso máis actividades e máis música.