Evento
IV Mostra de Teatro Afeccionado de Zas (V)

Xa ten definido o seu cartel a IV Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”. O xurado vén de escoller entre as 43 obras presentadas (a mellor marca de participación), as 5 que serán as finalistas deste 2019. As representacións serán os días 23 e 30 de marzo e 6, 13 e 27 de abril repartidas entre os Auditorios de Zas e de Baio. As funcións comezarán ás 21:30 horas e a entrada é, como sempre, de balde.
Na IV Mostra de Teatro representaranse cinco obras de teatro afeccionado para todo tipo de públicos e gustos, xa que haberá musicais, dramas e incluso comedias moi serias.
Programa
Gargallada Teatro, de O Barco de Valdeorras, será a compañía encargada de pechar esta IV Mostra de Teatro o día 27 de abril. Farao coa representación da comedia “O Xogo de Versalles” que terá lugar no Auditorio de Baio e á que poderán asistir os maiores de 8 anos.
Premios
A mostra repartirá 3.500 euros en premios que se repartirán en cinco premios de 900, 800, 700, 500 e 400 euros cada un que outorgará o xurado e outro premio de 200€ para a mellor obra valorada polo público.
Para a entrega de premios haberá que agardar ata o 9 de xuño, día no que tamén terá lugar a clausura da XII Escola Municipal de Teatro Infantil nun acto que se celebrará no Auditorio de Baio a partir das 18:00 horas.