Evento
Magosto nas Torres do Allo
03/nov./2018 a 03/nov./2018
6:00 h a 6:00 h
12:24 25/10/18
Dentro da intensa labor que o Concello de Zas realiza nas Torres do Allo, o sábado 3 de novembro celebrarase unha das festas mais enraizadas e esperadas do outono, o Magosto e Samaín das Torres do Allo; neste segundo ano volverán estar dedicados ó baile e a música pero con novidades para que os máis cativos de entre 4 e 12 anos podan pasar un día “de medo” con “Obradoiros Monstruosos”.
Será o segundo ano que as Torres do Allo celebren a chegada do outono cun magosto e samaín. Tras o éxito da primeira edición, novamente o programa xirará arredor da danza e música galega. O obxectivo será lograr un espazo para a diversión para tódolos públicos, no que gozar da nosa etnografía, a través da música e baile, conectando o público con algo tan tradicional como o magosto, o samaín e as foliadas.
Para conseguilo, a partir das 11:30h. e 16:00h terán lugar os “Obradoiros Monstruosos” que serán de balde pero precisan inscrición previa no Centro Sociocultural de Zas ou Baio (981 751 398 ou 981 718 056) ou [email protected], nos que os máis cativos pintarán a súa cabaza ou farán unha auténtica araña patuda. A partir das 18:00h. terá lugar o esperado magosto e a foliada que este ano contará coas actuacións da Asociación Cultural Adro, a Asociación de Baile Tradicional Churía e a Asociación Cultural Trubisquiña e estarán precedidas dunha degustación gratuíta de castañas.
