Mércores. 01.05.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Malasombra Producións presenta Os fabulosos cleaners en Malpica

22/nov./2019
20:30 h
Auditorio do Centro Cívico (Malpica)
xv mostra teatro malpica
Malasombra Producións presenta Os fabulosos cleaners en Malpica

A Mostra de Teatro de Malpica cumpre 15 anos, e para celebralo, ademais das funcións de sala no auditorio do Centro Cívico, a Concellaría de Cultura organiza un ciclo paralelo de espectáculos en comercios e establecementos hostaleiros da vila. Realizarán un percorrido pola escena galega máis actual e divertida a través de 11 propostas escénicas moi variadas. Esta semana no Ciclo de Sala:

  • 22 de novembro (20.30 h). Malasombra Producións
    Os fabulosos cleaners

Elenco: Josue García e Xoque Carbajal
Dirección: Marcos Orsi
Duración: 55 minutos
Xénero: Espectáculo de pompas de xabón
Público preferente: Todos os públicos, a partir de 4 anos

Todos os espectáculos son de balde e ao remate de cada un recolleranse as valoracións do público, que poderá puntuar cada actuación do 1 ao 5, axudando deste xeito a mellorar cada ano a programación segundo os gustos dos/as espectadores/as.

Comentarios