Evento
MERCARTE, Mercado de Arte e Deseño en Carballo
15/dec./2019 a 15/dec./2019
11:00 h a 21:00 h
Casino 1889 (Carballo)

18:15 09/12/19
Este ano o tradicional MERCARTE, Mercado de Arte e Deseño, terá lugar no Casino, coa colaboración de CreaFormas e o Concello de Carballo. Será o domingo día 15 de Decembro, de 11h a 21h. Alí, poderán visitarse os stands, que mostrarán as obras de Amorote Printworkshop, Esther Chamorro, Julia Aguiar, La Madrina de Candela, Lara Torres, Laura Tova e Lidia Cao. Ademais, poderemos desfrutar da música na sesión vermú, que correrá a cargo de DJ Tristón, e de Elvis Negro para pechar a jornada.
As crianzas terán tamén o seu espazo, cun obradoiro infantil a cargo de Pachamama.