Evento
Monicreques das Misións Pedagóxicas de Malpica
22/out./2017 a 22/out./2017
5:00 h a 6:00 h
14:12 20/10/17
Vai de historia por Malpica. O 20 de outubro de 1933, no marco das Misións Pedagóxicas, estreábase en Malpica o Retablo de Fantoches. José Val del Omar, Ramón Naya, Fernández Mazas, Miguel Prieto e Urbano Lugrís, xunto a Rafael Dieste, iniciaban na vila bergantiñá as representacións de monicreques que as Misións Pedagóxicas levarían por todo o país.
Estes anos Malpica quere recordar aquel titánico esforzo por achegar a cultura a todos os recunchos do Estado español, e por iso o 22 de outubro de 2017, van levar ó mesmo espazo que se usara no ano 33 unha representación de monicreques.
Coa colaboración da Asociación Cultural Malante, a Asociación de Veciños San Antonio y A Tropa dos Pardo, este domingo ás 17 horas empezará a celebración cun pasarrúas da A.C. Malante pola praza de Anselmo Villar Amigo e a rúa Eduardo Vila Fano. A continuación volverán os monicreques. Titereficcións presentarán “Cantos contos contas”, un espectáculo teatral e musical na que dous viaxeiros que coinciden nunha estación de tren compartirán, mentres agardan, algúns dos contos que marcaron as súas vidas.
O acto central comezará ás 19 horas na praza. Un magosto popular encherá de animación a vila.
Concurso de Disfraces de época
Este ano, como novidade, tamén organizan un concurso de disfraces de época no que haberá premios á mellor caracterización (anos 1920-1930). Teremos dúas categorías: infantil (ata 12 anos) e absoluta (sen límite de idade), e un xurado popular encargarase de decidir os premios, que consistirán en trofeos e cestas.Exposición
Aínda que o prato forte será o 22, desde a pasada semana pode visitarse tamén na aula circular do Fondo Lugrís (Centro Cívico) unha exposición de fotografías da representación do ano 1933. Unha exposición que espera ademais as achegas da veciñanza que poden achegar as súas fotos ao Departamento de Educación e Cultura onde serán dixitalizadas e poderán levar de volta un cd coas fotos. Novas relacionadas- Xullo 2017: Malpica recupera o Retablo de Fantoches cun ciclo de monicreques ao aire libre.
- 2016: Malpica celebra o 83 aniversario das Misións Pedagóxicas
- 2015: Malpica recupera as Misións Pedagóxicas do 1933
- 2014: Malpica viaxa ao 1933 para recuperar O Retablo de Fantoches de Rafael Dieste
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Malpica